Inicio Carballo ao día Axenda O IV Aberto de Xadrez Clásico reúne...

O IV Aberto de Xadrez Clásico reúne a grandes mestres internacionais

Do mércores 1 de setembro ata o mércores 8 de setembro do 2021 Mercado Municipal Deporte

Do 1 ao 8 de setembro disputarase o IV Aberto de Xadrez Clásico Concello de Carballo, valedoiro para ELO internacional e nacional. Por primeira vez utilizarase o formato suízo a 9 roldas (unha diaria), un sistema ata o de agora inédito en Carballo.

Neste ano de circunstancias especiais agárdase a participación duns 60-70 xogadores, algúns deles fortes Grandes Mestres e Mestres Internacionais, como o mozo indio Gukesh D, campión mundial sub14 e terceiro GM máis novo da historia con 12 anos, 7 meses e 17 días, e que ademais ofrecerá unha exhibición de partidas simultáneas fronte a 20 opoñentes o sábado día 4 na Praza do Concello. Deste xeito, ademais de promocionar a competición en si, pretendemos trasladar o xadrez á rúa e popularizalo, como xa está a suceder nos últimos tempos.

Tamén participarán xogadores doutros países e doutras comunidades autónomas, así coma algúns dos mellores xogadores galegos, que se enfrontarán aos locais do club xadrez O Toque Xiria. O local de xogo será a planta alta do Mercado de Abastos, que xa foi sede no pasado de torneos de xadrez. Con este torneo, o club O Toque Xiria Carballo aspira a consolidarse como un referente do xadrez galego tanto en organización de eventos coma dende o punto de vista deportivo, celebrando o ascenso do club á máxima división galega de xadrez en 2020 e na que competirá en 2021 e 2022.

A información ao detalle sobre o torneo, nesta ligazón.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31