Inicio Carballo ao día Axenda Xa podes inscribirte nos obradoiros do Festival...

Xa podes inscribirte nos obradoiros do Festival Carballo Interplay 2021

Do martes 27 de xullo ata o domingo 15 de agosto do 2021 Cultura

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que celebrará a súa oitava edición do 8 ao 11 de setembro, acaba de abrir as inscricións para o seu programa formativo, que nesta ocasión inclúe un Taller Kamikaze de creatividade audiovisual "extrema" de tres días completos para 12 persoas e un Obradoiro de creación de contido dixital para as xeracións Y e Z con responsables do medio de alcance global Freeda, que se celebrará o xoves 9 de setembro de 17h a 20h no Pazo da Cultura de Carballo e no que poderán participar un máximo de 20 persoas.

O Interplay traslada a experiencia audiovisual kamikaze ao Pazo de Cultura de Carballo, os días 30 e 31 agosto e 1 setembro, en horario intensivo de 10h a 20. As 12 persoas que participen no obradoiro enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir capítulos de serie Dinosauro que se estrearán unha semana máis tarde no festival acompañadas por profesionais do sector da talla de Alfonso Zarauza, Lucía Regueiro, Antón Varela, Iago López, Leticia T. Blanco ou Javi Camino. As persoas que queiran vivir esta aventura audiovisual extrema poden preinscribirse, antes do 16 agosto, a través deste formulario de inscrición.

A semana do festival, o xoves 9 de setembro, as directoras de contidos de Freeda Raquel García Trigueros e Clara Amechazurra Falagán ofrecerán un obradoiro de 3h de duración sobre Creación de contido dixital para as xeracións Y e Z. Nun entorno online que ás veces cae na saturación, a infoxicación e o nacemento constante de novas canles de comunicación, cómo podemos facer chegar a nosa mensaxe ás xeracións máis novas? Se algo define o xeito de moverse das xeracións Y e Z na rede é o posicionamento fronte a temáticas sociais de xeito activo e creativo, como parte desa internet na que cremos para mudar o mundo. Pero, sabemos algo máis deses millennials e centennials aos que nos queremos dirixir? Cales son os seus principais rasgos de identidade? Cal é o xeito máis eficaz de chegar a eles a través das mensaxes e o contido? As 20 persoas que participen neste obradoiro do Carballo Interplay coñecerán todos os recursos que emprega Freeda para chegar a máis de 3 millóns de persoas co contido contido inspiracional e feminista que difunde a través das redes sociais. As persoas interesadas en participar neste formación, poden inscribirse, antes do 23 de agosto neste formulario.

Compartir:


- 2021 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
15
16
18
22
23
24
29
30