Inicio Carballo ao día Axenda Estrea en Carballo da película...

Estrea en Carballo da película "Reboiras. Acción e corazón", de Alberte Mera

Venres 25 de setembro do 2020 20.15 horas - Cines Bergantiños Cultura

Na madrugada do 12 de agosto de 1975 é asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista en Galicia. Ramón Reboiras Noia, con só 25 anos, sufriu múltiples disparos da policía no portal número 27 da rúa da Terra de Ferrol. Aquel mozo de conviccións nacionalistas convertérase moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego, a través da cal foi alicerce fundamental na organización de amplos sectores da sociedade galega en frontes de actuación como a sindical, a cultural ou a política.

O venres 25 estréase en Carballo o filme documental "Reboiras. Acción e corazón"'. A súa vida e o seu pensamento serán recreados a través de entrevistas a máis de 15 testemuñas que compartiron diversas etapas da vida con Reboiras.

Ligazóns

Compartir:


- 2022 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
5
6
7
8
9
12
13
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31