Inicio Carballo ao día Axenda "Hamada", a realidade dos campos de...

"Hamada", a realidade dos campos de refuxiados no ciclo "Mundos silenciados"

Xoves 12 de marzo do 2020 20.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Con vitalidade e humor, Hamada é o insólito retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados no deserto do Sahara, que se reinventa día a día nun lugar onde nada semella cambiar.

O ciclo de documentais galegos "Mundos Silenciados" achégaranos nesta ocasión un traballo do director Eloy Domínguez Serén, galardoado co Premio á mellor película española e mellor director español no Festival I de cine de Gijón 2018, Mellor Director Emerxente, Porto/Post/Doc, Portugal, 2018; Mellor Ópera Prima e Premio xuvenil do xurado, Cinéma du Réel, Francia, 2019;  Premio ao Documental – Tempo Film Festival, Suecia, 2019, entre outros.

Público: Adulto
Entrada: Acceso de balde ata completar aforo
Duración: 89'
Xénero: Documental (2018)| Alemaña, Noruega, Suecia

Compartir:


- 2020 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D