Inicio Carballo ao día Axenda A praia de Razo será o punto de partida da...

A praia de Razo será o punto de partida da Carballo Trail Race 2020

Domingo 2 de febreiro do 2020 09.30 - Praia de Razo Deporte

O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia organizan o Carballo Trail Race 2020, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e con dous trazados en competición de aproximadamente 11 e 30 quilómetros.

O trail longo (30 km. e 900 metros de desnivel) sairá da praia de Razo e percorrerá a vía de acceso ao porto de Razo, Senda Pinos do Mar, lugar de Santa Mariña, cruce da estrada Razo-Aviño, subida a Monte Neme, cumio de Monte Neme, paso por debaixo da nova estrada Carballo-Malpica en Cances, cruce coa antiga estrada Carballo-Malpica en Cances, estrada DP 1908 nas antigas escolas de Cances e centro social, monte de Liñeiro, cruce DP1910 en Liñeiro, Monte de Vilanova, Muíño Rego de Liñeiro, Vilanova, A Constenla, Muíño da Torre, Ponte das Gargas, A Devesa, A Cepeira, Muíño do Quinto, cruce da rúa Fomento, rúa Río Anllóns, rúa Río Miño, San Martiño, cruce da rúa Milagrosa, paseo do Anllóns, rúa Vila de Negreira e meta na rúa Vila de Corcubión.

O trail curto e xuvenil (11 km. e 500 metros de desnivel) tamén terá saída na praia de Razo e seguirá o mesmo percorrido que o trail longo ata chegar á meta de Cances. A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido: km. 8, cumio de Monte Neme (líquido); km. 11, local social de Cances, meta do trail curto (líquido e sólido); km. 20, Muíño da Torre (líquido e sólido); km. 25, A Cepeira (líquido).

A carreira, que se disputará o 2 de febreiro e en cuxa organización colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, estará supervisada polo Comité de Xuíces da FGA.

Compartir:


- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
6
9
10
11
15
16
18
20
23
24
25
27
31