Inicio Carballo ao día Axenda Copa Bergantiños alevín e...

Copa Bergantiños alevín e benxamín de Baloncesto

Sábado 28 de maio do 2016 Pavillón Carballo Calero - 9.30 h. Deporte

Copa Bergantiños

Os nenos e nenas das categorías benxamín e alevín de Escola Basket Xiria e o Club Baloncesto Artai, por Carballo, e das escolas municipais de baloncesto da Laracha e Ponteceso vivirán o sábado 28 de maio a Copa Bergantiños de Baloncesto, unha cita que servirá para pechar de forma divertida e a través dunha competición propia unha excelente tempada de convivencia e baloncesto.

A cita comeza ás 9.30 horas coas semifinais benxamín; segue ás 10.30 coas semifinais alevín; ás 11.30 son as finais de consolación; e as finais están previstas para as 12.30 horas, coa entrega de medallas e trofeos ás 13.45 horas.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D