Inicio Carballo ao día Axenda Senda Nova achega á cativada a figura do...

Senda Nova achega á cativada a figura do Apalpador

Xoves 19 de decembro do 2019 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Se non queres perder a oportunidade de ver de preto ao mesmísimo Apalpador e preguntarlle todo o que sempre quixeches saber sobre el, non faltes á visita que vai realizar esta semana á biblioteca para responder a todas as vosas preguntas.

Un ano máis, da man de Senda Nova, o Apalpador chega a Carballo procedente das montañas de O Courel (Lugo) para contarnos interesantes historias sobre a natureza e algún que outro consello para saber como podemos contribuír a coidar e protexer a nosa contorna. Todos os/as participantes terán tamén a oportunidade de contarlle cales son os seus desexos para este Nadal, entre os que, estamos seguros, haberá moreas e moreas de libros.

Un encontro moi entrañable, dirixido aos nenos e nenas do noso municipio e ás súas familias, que nos achegará á súa figura para descubrir un pouco máis sobre as súas orixes e coñecer mellor o seu día a día.  Anímate e participa!

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Asociación Ambiental Senda Nova
Colabora: Concellaría de Cultura

Compartir:


- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
6
9
10
11
15
16
17
18
20
21
23
24
25
27
28
30
31