Inicio Carballo ao día Axenda Fase de ascenso á División de Prata...

Fase de ascenso á División de Prata do Balonmán Calvo Xiria

Do venres 27 de maio ata o domingo 29 de maio do 2016 Pavillón Vila de Noia - Venres, Sábado e Domingo Deporte

Fase de ascenso

Entre o venres 27 e o domingo 29 de maio o Calvo Xiria xógase o ascenso á segunda máxima categoría do balonmán español. Farao en Carballo tendo diante aos mellores equipos da tempada: o Hispanitas Petres de Alacante, o Balonmano Carabanchel e o Caserío Ciudad Real. É a terceira ocasión en que o club opta a subir á División de Honra de Prata, pero é a primeira que se xoga en casa, e iso mellora moito as opcións de triunfo. O club pídelle a toda a afección que non falte para apoiar ao equipo

Os partidos xóganse o venres a partir das 19.00 h.; o sábado a partir das 17.00 h; e o domingo a partir das 10.30 h.

Os MVP, os mellores xogadores de cada partido, recibirán como trofeo un Pan de Carballo de 2,5 quilogramos de peso. Repartiranse seis durante toda a fin de semana.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D