Inicio Carballo ao día Axenda Acto de entrega dos premios de Carballés,...

Acto de entrega dos premios de Carballés, Bergantiñán e Galego do ano 2015

Venres 27 de maio do 2016 Casa do Concello - 20.00h.

Equipo de Transplantes do CHUAC

Parte do Equipo de Transplantes do CHUAC

A Casa do Concello acolle a partir das 20.00 horas o acto de entrega dos premios de Carballés Bergantiñán e Galego do ano 2015 que concede cada ano o Padroado Fogar de Bergantiños. Este ano as persoas ou entidades distinguidas son as seguintes:

  • Carballés do ano: Chocolates Mariño. Fundada no ano 1927 por D. José Mariño Pensado, é unha das poucas empresas en toda España que continúa a día de hoxe co proceso de elaboración tradicional do chocolate.
  • Bergantiñán do ano: Ex aequo Xelucho Abella, Senda Nova e Asociación de Loita contra o Cancro de Bergantiños. O primeiro é un referente no ensino e na cultura da nosa Comarca; a segunda é unha entidade que ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico; e a terceira é unha asociación que desenvolve desde hai anos na nosa Comarca unha gran labor social de concienciación, axuda e recadación de fondos.
  • Galego do ano: Equipo de Transplantes do CHUAC. Bateu en 2015 o seu propio récord de transplantes, destacando o incremento nos caso dos de pulmón.

O anfitrión da cita será o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, xunto con membros do Padroado Fogar de Bergantiños. Tamén están convidados numerosos membros da corporación e autoridades, ademais de todos os veciños e veciñas que queiran asistir.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D