Inicio Carballo ao día Axenda Cuarta edición da ruta gastronómica...

Cuarta edición da ruta gastronómica Carballo por etapas en 20 locais hostaleiros

Do venres 27 de maio ata o domingo 29 de maio do 2016 Locais hostaleiros da vila - De 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 h.

Carballo por etapas

Arrinca Carballo por etapas, a ruta gastronómica na que degustar tapas feitas cos nosos mellores produtos. A ruta comeza o venres 27 de maio ás 18.30 horas coa saída dende a Praza do Concello do tren turístico que percorrerá todos os locais participantes. A cita celébrase os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño con tapas a 1,50 euros nos 20 locais participantes, que servirán orixinais propostas gastronómicas os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Con cada tapa entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios como gorras, camisetas, tapas, botellas de viño e de vermú, packs de copas de viño...

Os establecementos que decidiron subir este ano ao tren da popular ruta son A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio. A maioría repiten, pero tamén hai algunhas incorporacións.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D