Inicio Carballo ao día Axenda I Encontro Médico de Bergantiños

I Encontro Médico de Bergantiños

Sábado 16 de novembro do 2019 De 09.00 a 14.30 horas - Pazo da Cultura Participación veciñal

O auditorio do Pazo da Cultura de Carballo acollerá este sábado 16 o I Encontro Médico de Bergantiños, un evento de carácter científico promovido polos doutores carballeses Alejandro Ávila Álvarez e Juan Carlos Díaz del Valle co obxectivo de ofrecer un foro profesional referente en Bergantiños nun acto aberto a toda a sociedade orgullosa de Carballo e a comarca, e disposta a poñer en valor o noso gran potencial humano.

A xornada inaugurarase ás 09.00 horas para dar paso ao primeiro foro da mañá, unha charla distendida titulada "A que se dedican algúns dos médicos bergantiñáns?", no que participarán catro destacados médicos da zona: Jesús Herranz González-Botas, María José García Antelo, Gloria Fraga Rodríguez e Pablo Miramontes González. Ás 10:30 horas, o profesor e historiador Xan Fraga achegaranos "unha visión histórica e social da medicina en Carballo".

Tras unha breve pausa, o doutor Alfonso Solar Boga, responsable de Gastroenteroloxía pediátrica do Hospital Teresa Herrera da Coruña e convidado de honra deste primeiro congreso, pronunciará unha conferencia á que poderán asistir todas as persoas que o desexen. Acto seguido, visirase un dos momentos máis entrañables e emotivos da xornada durante a homenaxe póstuma ao médico carballés Eduardo Mariño Iglesias. A clausura do acto está prevista para as 13.30 e, a continuación, celebrarase un xantar de confraternización no restaurante Punta del Este.

Organizan: Alejandro Ávila Álvarez, Juan Carlos Díaz del Valle, Colegio Oficial de Médicos da Coruña
Colabora: Concello de Carballo 

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D