Inicio Carballo ao día Axenda Primavera en ruta...

Primavera en ruta...

Domingo 22 de maio do 2016 Saída Sede Senda Nova - 9.15h Deporte

Senda Nova

A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello, propón o programa Primavera en Ruta, oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O domingo 15 de maio é a quenda da ruta Ríos de Sofán. Con 21 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media. Transcorre sempre pola parroquia de Sofán, nun percorrido circular. O punto de partida e de finalización é a igrexa. A ruta debe o seu nome a que o nexo principal son os ríos: o Carral, o Bardoso e o Seixiña. Destaca tamén a elevada cifra de muíños que poderán ver os camiñantes: en torno a unha vintena.

Podedes inscribirvos até dous días antes de cada roteiro.

+info: 696 155 232 / sendanova@hotmail.com

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D