Inicio Carballo ao día Axenda Constitución do Consello Deportivo...

Constitución do Consello Deportivo Municipal

Xoves 19 de maio do 2016 Fórum Carballo - 20.30h.

Consello Deportivo Municipal

Eleccións do Consello Deportivo Municipal en decembro de 2015

O Fórum Carballo acolle a partir das 20.30 horas a sesión de constitución do Consello Deportivo Municipal. Integrarán este órgano consultivo membros das Escolas de Balonmán Xiria, da Asociación Deportiva Media Ducia, da Sociedade Deportiva Sofán, da Escola de Basket Xiria e de Máis Motor. Como entidade vinculada, estará a Fundación Luís Calvo. Os outros membros do Consello son o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e un edil de cada grupo político municipal.

Entre todos, formarán parte desta entidade consultiva e participativa, cuxo regulamento se aprobou en pleno e que xorde por mor da desaparición do Padroado Deportivo Municipal e o seu consello reitor.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D