Inicio Carballo ao día Axenda Mikel Erentxun en concerto

Mikel Erentxun en concerto

Luns 24 de xuño do 2019 Ás 23:00 horas - Praza do Concello Cultura

Con 25 discos ás súas costas e 35 anos de éxitos continuos sobre os escenarios de todo o mundo, Mikel Erentxun continúa compoñendo cancións de amor e desamor coa mesma paixón, ilusión e perseveranza dos seus inicios pero cunha alta dose de extraordinaria madurez. A mesma que o  empuxa a “reinventarse” cada día e a continuar explorando novos camiños como o que o traerá ao San Xoán de Carballo o 24 de xuño para protagonizar a actuación máis meiga e feiticeira das nosas festas.

Con 54 anos, quen fora vocalista e líder indiscutible de Duncan Dhu durante dúas décadas, confesa estar obsesionado co paso do tempo, un tema que trata de levar con humor pero que atravesa a súa vida e a súa obra de maneira recorrente, especialmente desde o susto de corazón que sufriu hai seis anos e que lle fixo aprender a apreciar máis a vida e facer realidade soños pendentes como viaxar a Tokio, durmir nun iglú en Laponia ou cruzar Estados Unidos en coche. Pero mentres que o reloxo transcorre inexorable, a música deste cantante vasco, arquitecto de profesión, parece non envellecer. Proba dilo, é o seu traballo máis recente que leva por título “El último vuelo del hombre bala”, producido por Paco Loco, co que pecha unha triloxía iniciada con Corazones (2015) e El hombre sin sombra (2017), composicións propias ao 100% e autobiográficas, marcadas pola cronofobia (medo ao paso do tempo), o amor, o desamor e a crítica social que teremos a oportunidade de escoitar e desfrutar, xunto aos grandes temas da súa discografía, en rigoroso directo e totalmente de balde na Praza do Concello.

Tras o concerto do cantante donostiarra, a orquestra Israel subirá ao escenario para continuar enchendo de ritmo e boa música a noite de San Xoán. Non vola perdades!

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24
26
27