Inicio Carballo ao día Axenda Presentación e proxección do...

Presentación e proxección do documental e do libro: Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra

Xoves 26 de maio do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 20.00h Lingua G en ti 2016

Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra

A Biblioteca Rego da Balsa acolle a partir das 20.00 h. a presentación e proxección do documental e do libro Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra. A obra divídese nun libro con textos escritos por diferentes persoas e un documental onde a través da voz do propio Manuel María se nos presenta a vida do escritor en todas as súas facianas.

O traballo por unha banda é un libro A propósito de Manuel con textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo e pola outra, un documental en formato DVD onde, a partires da voz do propio Manuel María, se rende unha homenaxe a Manuel, á súa contorna máis próxima, á súa extensa obra e ao seu activismo político.

Contará coa participación de Margarita Ledo, directora do documental; e de Olaia Ledo, produtora.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D