Inicio Carballo ao día Axenda Primavera en ruta...

Primavera en ruta...

Domingo 8 de maio do 2016 Saída Sede Senda Nova - 9.15h Deporte

Primavera en ruta...

A Asociación Ambiental Senda Nova, coa colaboración do Concello, propón o programa Primavera en Ruta, oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O domingo 8 de maio é a quenda da ruta Terras Altas de Soneira. De 19 quilómetros e dificultade media, transcorre polo Concello de Zas, saíndo de Pico de Meda -o monte máis alto da zona- e terminando en Follente. Pasa por lugares como a Férveda do Rabiñoso, pasando a carón de dúas mámoas dous castros e os restos dun castelo medieval. Conta con dúas variantes e é apta para cadeira de rodas. Podedes inscribirvos até dous días antes de cada roteiro.

+info: 696 155 232 / sendanova@hotmail.com

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D