Inicio Carballo ao día Axenda A exposición "Miradas de marfil"...

A exposición "Miradas de marfil" de Marcos Rodríguez visita Carballo

Do xoves 21 de febreiro ata o mércores 13 de marzo do 2019 17:00 a 21:00 horas - Andar 1 Pazo da Cultura Cultura

O fotógrafo carballés Marcos Rodríguez retrata nesta exposición a crúa realidade de Costa de Marfil a través de fermosas instantáneas da vida cotiá do país africano, realizadas nunha viaxe coa ONG Égueire, moi vinculada á Costa da Morte, e que leva a cabo diversos proxectos de cooperación con este país.

A cor branca dos ollos dos pequenos marfileses é a gran protagonista da comprometida mirada deste fotógrafo, recoñecido, entre outros galardóns nacionais e internacionais, como Mellor Fotógrafo Europeo 2018 na categoría de reportaxe gráfica, pola Federación europea de fotografía.

Público: Todos o públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: ONG Égueire e Concello de Carballo

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D