Inicio Carballo ao día Axenda Arrincan as I Xornadas Empresariais de...

Arrincan as I Xornadas Empresariais de Bergantiños no Fórum Carballo

Martes 10 de maio do 2016 Fórum Carballo - 18.45h.

Fórum Carballo

Arrincan no Fórum Carballo as I Xornadas Empresariais de Bergantiños, que nacen co obxectivo de axudar a que o tecido empresarial se fortaleza e se consolide. A primeira xornada inclúe:

18:45 h. Presentación Xornadas-Apertura. A cargo de Belén Fernández López, Avogada e Socia Administradora de Eurogabinete, seguida de intervención Xosé Regueira Varela, Concelleiro de Promoción Económica do Concello de Carballo.

19:00 h. "Supervivencia, Gobernabilidade e Planificación da Sucesión Xeracional, en PEMES e Empresas Familiares". Relator: Antonio Álvarez González, Avogado mercantilista, Director de Eurogabinete.

20:00 h. "Emoción e Razón na Dirección da Empresa". Dirixir é conseguir resultados a través de persoas. Relator: Miguel Belo Vázquez, Economista, Ex Director de Pirelli e Ottis España, Profesor Emérito de Máster de varias universidades, experto en Recursos Humanos e Xestión do Talento.

21:15 h. Actuación musical: a cargo do músico medievalista Eloy Vázquez que interpretará versións das Cantigas de Alfonso X O Sabio. Ver máis información e vídeos de Eloy Vázquez.

Contémplanse coloquios ao final dos relatorios.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D