Inicio Carballo ao día Axenda Verbena coa orquestra Olympus

Verbena coa orquestra Olympus

Domingo 24 de xuño do 2018 Ás 01:00 horas - Praza do Concello Cultura

Despois da actuación de Café Quijano, a orquestra Olympus saltará ao escenario da Praza do Concello para ofrecer o novo espectáculo da súa xira "20 razones por ti", coa que conmemora os seus 20 anos de traxectoria musical. A súa coidada escenografía, unhas coreografías impactantes e os números de pirotecnia que empregan nas súas actuacións valéronlle en máis dunha ocasión o recoñecemento do público como unha das mellores orquestras de Galicia. A partir das 01:00 horas, agárdanos a súa mellor música con ritmos moi pegadizos e un montón de sorpesas en directo. Anímaste?

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31