"Fálame moito e ben", obradoiro con Apego para nais e pais
Martes 6 de marzo do 2018 18 horas - Pazo da Cultura Lingua
Obradoiro dirixido a nais e pais. A psicóloga Raquel Varela, de Oikos, traballará coas persoas asistentes como estimular a fala das nenas e dos nenos, cando e como falarlles, as fases de adquisición da linguaxe, a identificación e problemas na adquisición da fala, a convivencia de linguas, etc. Como se indica, a charla-obradoiro está destinado a persoas adultas, que, se queren, poden vir acompañadas das nenas ou nenos, pero tendo en conta que a actividade é para adultos.
Participación: máximo 25 nais e pais por orde de inscrición. Inscrición previa de balde, xa aberta, no Servizo de Normalización Lingüística enviando un correo ao enderezo nelvidal@carballo.gal achegando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico
- Nome e idade do(s) fillo(s) ou da(s) filla(s)