Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Admitidas todas as solicitudes de praza...

Admitidas todas as solicitudes de praza para Iniciación Musical

O prazo de matrícula estará aberto do 29 de xuño ao 12 de xullo

Luns 26 de xuño do 2023

Todos os nenos e nenas que se preinscribiron para os cursos de Iniciación Musical do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) están admitidos. O prazo de matrícula estará aberto entre o 29 de xuño e o 12 de xullo. O CMUS ofreceu este ano un total de 40 prazas: 20 para 1º curso e outras 20 para 2º.

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo promove desde o curso 2012-2103 a actividade de Iniciación Musical, que ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

Descargas

Compartir: