Iniciación Musical

O Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música promoven desde o curso 2012-2103 a actividade de Iniciación Musical, que ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

Curso 2023-2024

O prazo de preinscrición para o curso 2023-24 estará aberto do 15 ao 21 de xuño de 2023. En total hai 40 prazas: 20 para primeiro curso e outras 20 para segundo. Os impresos de solicitude poden descargarse máis abaixo. 

Descargas



Galería

Compartir: