PRAZO DE PREINSCRICIÓN ABERTO DO 27 DE XUÑO AO 1 DE XULLO
O CMUS Carballo ofrece 20 prazas de 1º de Iniciación Musical para o curso 2022-23
Luns 20 de xuño do 2022
O CMUS de Carballo ofrece 20 prazas para o 1º curso de Iniciación Musical. Os/as interesados/as deben ter cumpridos os 6 anos antes do remate do presente ano 2022.
- Prazo de preinscrición: do 27 de xuño ao 1 de xullo.
- Publicación da listaxe de admitidos/as: 4 de xullo.
- Prazo de matriculación: do 5 ao 11 de xullo.