Inicio Áreas Cultura Axenda Última sesión das Noites...

Última sesión das Noites de cine no Xardín Municipal con James Bond

Mércores 24 de agosto do 2016 Xardín Municipal - 22.00 h.

Spectre

O ciclo de Noites de cine remata no Xardín Municipal carballés con Spectre. James Bond recibe un críptico mensaxe do pasado que lle confía unha misión secreta que o leva a México DF e a Roma, onde coñece a Lucía Sciarra, a fermosa viúva dun infame criminal. Bond infíltrase nunha reunión secreta e descobre a existencia dunha sinistra organización coñecida como SPECTRE. A película está recomendada para maiores de 12 anos e conta cunha duración aproximada de 147 minutos.

A cita, a partir das 22.00 horas.

Compartir: