Inicio Áreas Cultura Axenda Uxía e Narf actúan no...

Uxía e Narf actúan no Verán Cultural amosando as súas Baladas da Galiza imaxinaria

Venres 12 de agosto do 2016 Praza do Concello - 22.30 h.

Uxía e Narf

Uxía e Narf

Uxía, unha das voces máis importantes da música en Galicia, e Narf, compositor e cantor cunha longa traxectoria musical, únense para crear o seu primeiro traballo discográfico conxunto:Baladas da Galiza Imaxinaria. Un disco que nace do talento e da sensibilidade destes dous grandes músicos que en cada balada deixan a alma e as ventás dos corazóns inquedos e emocionados. Tal como describe o músico Santiago Auserón , “Uxía e Narf converten ao ser galego en ámbito de alcance universal, do que nos invitan a facernos partícipes a través da sensibilidade musical máis próxima e refinada”.

A cita, na Praza do Concello a partir das 22.30 h., conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Compartir: