Inicio Áreas Cultura Axenda Noites de cine en Imende: Atrapa la...

Noites de cine en Imende: Atrapa la bandera

Xoves 11 de agosto do 2016 Imende - 22.00 h.

Atrapa la bandera

As noites de cine do Verán Cultural visitan Imende coa proxección da película de animación Atrapa la bandera. Richard Carson, un ambicioso multimillonario, quere apropiarse da Lúa e explotar a fonte de enerxía limpa e real do futuro, o Helio 3. Para iso, deberá borrar da Historia a xesta dos astronautas do Apolo XI e os seus famosos primeiros pasos polo satélite, algo que o 40 por cento da poboación mundial cre que é mentira. E o único capaz de impedir que se salga coa súa é un simpático e decidido surfero de 12 anos, Mike Goldwing. A película está recomendada para todos os públicos e conta cunha duración aproximada de 91 minutos.

A cita, a partir das 22.00 horas na Pista polideportiva de Imende, conta coa colaboración da ACRD Baldaio.

Compartir: