Inicio Áreas Cultura Axenda Noites de cine en Ardaña: Ant-Man

Noites de cine en Ardaña: Ant-Man

Martes 2 de agosto do 2016 Escola de Gontade - 22.00 h.

Ant-Man

As noites de cine do Verán Cultural chegan a Ardaña coa proxección da película Ant-Man. Tras saír do cárcere, o ladrón e estafador Scott Lang (Paul Rudd) recibe a chamada do misterioso Dr. Hank Pym (Michael Douglas) para realizar un traballo especial. O científico fornece ao mozo cun traxe especial, que lle outorga a capacidade de reducir o seu tamaño ao dun insecto, á vez que aumenta considerablemente a súa forza. A película está recomendada para maiores de 7 anos e conta cunha duración aproximada de 117 minutos.

A cita, a partir das 22.00 horas, terá lugar na Escola de Gontade e conta coa colaboración da AC Santa María de Ardaña.

Compartir: