Inicio Áreas Cultura Axenda Noites de cine en Cances: Hotel...

Noites de cine en Cances: Hotel Transilvania 2

Xoves 28 de xullo do 2016 Campo da Capela - 22.30 h.

Hotel Transilvania 2

As noites de cine do Verán Cultural chegan a Cances coa proxección da película Hotel Transilvania 2. Todo parece mellorar no Hotel Transilvania. A ríxida norma establecida por Drácula de "só para monstros" suprimiuse e acéptanse tamén hóspedes humanos. O que preocupa ao conde é que que o seu adorable neto Dennis, medio humano e medio vampiro, non dea sinal algunha de vampirismo, así que fai que pase por un campamento de "adestramento de monstros". A película está recomendada para todos os públicos e conta cunha duración aproximada de 89 minutos.

A cita, a partir das 22.30 horas no Campo da Capela, conta coa colaboración da AC San Campio de Cances.

Compartir: