Inicio Áreas Cultura Axenda Noites de cine no Xardín...

Noites de cine no Xardín Municipal: O ouro do tempo

Mércores 13 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 22.30 h.

O ouro do tempo

As noites de cine do Verán Cultural chegan á capital municipal coa proxección da película galega O ouro do tempo protagonizada por Ernesto Chao e Nerea Barros. O argumento xira arredor de Alfredo Méndez, de 40 anos, que garda na súa casa de campo o cadáver criónicamente preservado da súa muller. Esta insólita actitude débese ao amor que sentía cara a ela e á súa ambición médica. A película está recomendada para maiores de 12 anos e conta cunha duración aproximada de 100 minutos.

A cita, a partir das 22.30 horas no Xardín Municipal, conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Compartir: