Inicio Áreas Cultura Axenda Os problemas da contaminación na...

Os problemas da contaminación na Rego da Balsa coa curtamentraxe "El último aliento"

Mércores 6 de xullo do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 19.00h

El último aliento

A Biblioteca Rego da Balsa acolle no auditorio a proxección de "El último aliento", unha curtametraxe de Jorge Asensi Rodríguez na que se aborda a problemática dun futuro próximo no que a contaminación e os problemas económicos farán que moitas persoas se vexan obrigadas a vivir encerradas nas súas casas. Este é o caso de Carlos, un home de 37 anos enfermo e sen traballo, que vive illado nun pequeno piso e sen apenas comida.

Unha curta canto menos interesante. Achegádevos á biblioteca para poder visualizala!

Coma con todas as citas, o acceso é de balde.

Compartir: