Inicio Áreas Cultura Axenda Representación teatral da obra...

Representación teatral da obra "Gros poissoons á bord"

Martes 14 de novembro do 2023 19.00 horas - Pazo da Cultura

A sección de Carballo da Escola Oficial de Idiomas acolle a representación da obra de teatro Gros poissons à bord, orixinal do grupo de teatro da asociación Mar de Linguas da Coruña. Esta comedia transcorre nunha illa onde seis persoas quedan atrapadas debido a unha folga. Deciden entón fretar un barco de pesca, o “Saint Pognon”, pilotado por un capitán un tanto peculiar. O prezo desta travesía será máis lato do esperado...

A obra será interpretada polo grupo de teatro da asociación Mar de Linguas, asociación de profesores, ex profesores, alumnos e ex alumnos da EOI da Coruña. O idioma será o francés pero estará subtitulada en castelán para ser accesible a todo o público, independentemente do seu nivel de francés. Este grupo de teatro leva máis de 15 anos funcionando baixo a dirección de Beatriz Arboleya Andrés, profesora de francés e directora e fundadora da asociación. Nestes anos o grupo de actores representou varias obras, como Knock, Adriana Mater de Amin Maalouf ou Antígone de Jean Anouilh, coas que xa visitaron Carballo en distintas ocasións.

A entrada é libre e gratuíta, polo que non só poderán asistir os alumnos da escola, senón todo o público que así o desexe.

Compartir: