Inicio Áreas Cultura Axenda A compañía carballesa...

A compañía carballesa Galeatro convídate a unha "Muiñada"

Venres 21 de xullo do 2023 20.30 horas - Bosque do Añón

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para Galicia: o muíño de auga. Muiñada é unha viaxe ó pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria dos nosos avós e avoas. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.

Espectáculo incluído no programa Verán Cultural.
Público familiar a partir de 4 anos.
Dirección: Davide González
Dramaturxia: Ana Carreira
Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez
Espazo sonoro: Davide González
Deseño escenografía e vestiario: Anahí Taraburelli
Deseño iluminación: Maiko Varela

Compartir: