Prazo de matrícula no Conservatorio Profesional de Música

Do martes 29 de xuño ata o xoves 15 de xullo do 2021

Tal como se establece no calendario publicado polo CMUS, entre o 29 de xuño ao 15 de xullo debe formalizar a matrícula o alumnado admitido no curso de Iniciación Musical, así coma o que obtivo praza mediante as probas de acceso a 1º de Grao Elemental ou Profesional e o que superou o curso 2020/2021 e polo tanto non ten que realizar exames na convocatoria extraordinaria de setembro.

Para formalizar a matrícula é preciso liquidar a taxas correspondentes ao curso e rexistrar de entrada o impreso de matrícula cuberto xunto co xustificante de pago das ditas taxas. Recordámoslles que pode rexistrar a dita documentación de forma electrónica ou presencialmente nos rexistros do Concello, que traballan con cita previa.

Compartir: