Inicio Áreas Cultura Axenda Como animar en Flash e non morrer no...

Como animar en Flash e non morrer no intento: masterclass con Cálico Electrónico

Venres 6 de maio do 2016 Pazo da Cultura - 17.30 h.

Niko de Nikotxan (Cálico Electrónico)

Niko de Nikotxan (Cálico Electrónico)

Cálico Electrónico foi a serie de animación online de fala hispana máis relevante de internet con máis de 100 capítulos e un acumulado de máis de 30 millóns de visitas desde 2004 ata os nosos días. Recentemente estreouse o capítulo 5×06, o derradeiro da serie. O seu creador, Niko de Nikotxán, contaranos de forma cronolóxica como empezou a animar en Flash, como se lle ocorreu crear a Cálico e todo o que lle leva sucedido no mundo da animación dixital ata hoxe.

+info no web do festival: <www.carballointerplay.com>.

Compartir: