Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

O Consello Parroquial de Aldemunde valora positivamente as melloras realizadas e propón seguir ampliando os servizos

Mércores 14 de setembro do 2022

O Consello Parroquial de Aldemunde celebrou este martes a primeira xuntanza dende a pandemia cunha ampla participación e unha valoración positiva das actuacións realizadas na parroquia dende a creación desta canle de participación veciñal. Pero, como é lóxico, as persoas residentes na parroquia queren seguir mellorando os servizos, e nese sentido van as iniciativas presentadas.

Ademais da extensión de servizos públicos como o saneamento e o abastecemento de auga, ou de actuacións concretas na rede viaria, tamén se propuxeron actuacións medioambientais como a limpeza da Ribeira da Pena, que, tal como anunciou o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, realizarase coa brigada de persoal perceptor da Risga, ou dun espazo baldeiro situado entre a vella estrada e a nova, que se solicitará á Xunta de Galicia por ser a administración titular da vía.

Outra das propostas defendidas pola veciñanza foi a habilitación do centro social, no que se reuniu o consello parroquial, como local electoral para os/as electores/as da zona, en substitución do utilizado ata agora, que está situado no Tarambollo (Sofán). Por parte dos veciños e das veciñas argumentouse que, tras a reforma realizada, o Centro Social de Aldemunde atópase en moito mellores condicións para o desenvolvemento das xornadas electorais.

Compartir: