Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Arrinca a campaña do CCA "que rule, que rule!!!" sen presentación pública en solidariedade coa vítima da agresión machista da pasada madrugada

63 establecementos comerciais participan no xogo da xa famosa ruleta da sorte

Luns 30 de maio do 2022

O Centro Comercial Aberto (CCA) tiña previsto presentar hoxe na Casa do Concello unha nova edición da campaña que rule, que rule!!!, pero o acto público non se celebrou en solidariedade coa vítima da agresión machista que tivo lugar na madrugada deste luns no noso concello. Tanto o presidente do CCA, Germán Riveiro, coma o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, expresaron a súa repulsa á violencia de xénero e a todas as formas de violencia e quixeron amosar a súa solidariedade coa vítima e a súa familia, ademais do desexo dunha pronta recuperación.

Precisamente neste 30 de maio arrincou a campaña, xa coñecida, que organiza o CCA co apoio do Concello, a Deputación, a Xunta, a Fundación Luis Calvo e empresas locais de comercio e hostalaría. A iniciativa desenvolverase ata o 11 de xuño en 63 establecementos de sectores moi variados.

A clientela recibirá coas súas compras un boleto co que poderán obterse premios directos. Hai 775 agasallos en total, entre experiencias gastronómicas (ceas, xantares, almorzos, lotes de conservas, café, botellas de viño, chocolate...) cuncas e xeados. As persoas que non obteñan premio inmediato poderán participar no sorteo de 5 cheques por importe de 100 euros para consumir no comercio local.

A ruleta estará instalada na Praza do Concello o día 11 de xuño, último día da campaña, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

A fragua, Akira, Aloe Herboristería, Amai Store, Atelier, Atmósfera Sport, Bambalina, Benetton, Bio Salón Mesturas, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Caremer Tecnoespecialistas, Carnicería Daniel, Cenor Carballo, Charanga, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, Croa do Castro Ecotenda, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doces Soños, DV Carballo, Ekate, Evobici, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, holaMobi, Informática Valem, Interfilm Carballo, Jorge moda, Joyería Calvelo Seoane, Joyería Rafa Vila, La casita de Lu, La chica del vídeo, La Nue Store, Lencería Mª José, Libraría Clarión, Mímate, Miriñaque, Mister Nutrición, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Moncho Antelo Instalaciones, Muebles Fuentes, O barco dos soños, Óptica Enríquez, Paola Reyes Centro de Belleza, Pastelería San Luis, Peluquería Beni, Perfumería Garrote, Poppy, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Teirón, Teirón niños, Xoguetería Merliño, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel, Zocas.

Compartir: