Inicio Carballo ao día Novas

Novas


Formulario de busca
O Concello contará cunha nova depuradora en Cances

SANEAMENTO

O Concello contará cunha nova depuradora en Cances

Martes 26 de xullo do 2005

Carballo vai dispoñer dunha depuradora experimental na parroquia de Cances, que dará servizo a 500 veciños e substituirá a que existe actualmente en Cances Grande. O proxecto realízase en colaboración coa Deputación e coa Universidade da Coruña. O Concello porá a disposición desta institución os terreos adquiridos por un total de 3.000 euros no lugar da Granxa (Cances).

Declaración da Alcaldía con motivo do Día da Patria

25 DE XULLO

Declaración da Alcaldía con motivo do Día da Patria

Venres 22 de xullo do 2005

A través dos séculos, a través da Historia, milleiros de mans humildes e traballadoras foron erguendo o solar da Patria. Un solar sen lindeiros, que non só se asenta no chan da nosa xeografía senón tamén na amplitude dos nosos sentimentos: na voz que nos agarimou e que nos viu medrar, o berro co que pedimos liberdade.

A maxia chega a Carballo

VERÁN CULTURAL

A maxia chega a Carballo

Xoves 21 de xullo do 2005

Luis de Matos, un dos magos de máis éxito en Portugal, chega á Praza do Concello de Carballo o venres 22 de xullo, a partir das 22.30 horas, para presentar Close up, un espectáculo no que os trucos máis antigos do mundo se combinan con outros exclusivos do ilusionista e totalmente anovadores. O traballo de Luís de Matos está avalado polos premios máis prestixiosos do mundo da maxia, entre eles o do "Máxico do ano", recoñecido pola Academia de Hollywood.

Aprobados dous convenios para programación e divulgación do patrimonio cultural

Xunta de Goberno local

Aprobados dous convenios para programación e divulgación do patrimonio cultural

Xoves 21 de xullo do 2005

A Xunta de Goberno local aprobou dous convenios de colaboración coa Consellaría de Cultura, Comunicación social e Turismo, un para a realización de diversas actividades culturais e o outro para o desenvolvemento do programa Cultura Túa, de divulgación do patrimonio. A participación económica da Consellaría supera os 7.000 euros.

Adxudícase a obra de apertura da rúa Vila de Negreira

OBRAS

Adxudícase a obra de apertura da rúa Vila de Negreira

Xoves 21 de xullo do 2005

O Goberno municipal de Carballo abrirá ao tráfico a rúa Vila de Negreira. A adxudicación da obra decidiuse durante a reunión ordinaria da Xunta de Goberno local, o xoves 21 de xullo, e supón un investimento de 101.900 euros. Esta rúa "vaise converter nunha nova arteria para desconxestionar o tráfico no casco urbano", segundo explicou o alcalde, Evencio Ferrero.

Expertos e profesionais pulan pola creación do novo parque empresarial da Costa da Morte

INDUSTRIA

Expertos e profesionais pulan pola creación do novo parque empresarial da Costa da Morte

Martes 19 de xullo do 2005

A creación dun parque empresarial para a Costa da Morte, ben comunicado e estruturado para atraer o establecemento de grandes empresas na zona, é a principal conclusión da mesa de traballo sobre solo industrial, organizada polo Observatorio socieconómico local de Carballo. A mellora das conexións viarias da zona, a supresión das peaxes na autoestrada A Coruña-Carballo ou as subvencións ao asentamento de empresas, son algunhas das propostas.

O Concello fomenta a protección e difusión dos seus espazos naturais

LECER

O Concello fomenta a protección e difusión dos seus espazos naturais

Martes 19 de xullo do 2005

O Concello de Carballo está a traballar no mantemento e na conservación do seu patrimonio natural que, xunto co artístico, conforman unha ampla oferta de ocio para o verán. Ás tarefas de limpeza e de mantemento de praias, ríos e zonas verdes engádenselles as obras de acondicionamento dos accesos ao areal Razo - Baldaio que acaban de ser autorizadas pola Consellaría de Medio Ambiente e que o Concello pretende comezar de inmediato.

O alcalde participa nunha xornada sobre a xestión do lixo

MEDIO AMBIENTE

O alcalde participa nunha xornada sobre a xestión do lixo

Luns 18 de xullo do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, asistiron a unha xornada na que se analizaron as necesidades do tratamento do lixo e se presentaron solucións para os concellos rurais. Entre os temas a tratar destacaron as taxas de recollida de lixo, os modelos de xestión ou a eliminación dos vertedoiros incontrolados.

Comeza a traballar o equipo do proxecto Equal de Carballo

IGUALDADE

Comeza a traballar o equipo do proxecto Equal de Carballo

Luns 18 de xullo do 2005

O equipo do proxecto Equal do Concello de Carballo desenvolverá o seu traballo orientado a crear estratexias que pretenden contribuír á eliminación da desigualdade de xénero no mercado laboral, en coordinación cos equipos formados en Cerceda e na Coruña. O proxecto Equal, "En plan de igualdade", é unha iniciativa da Unión Europea para garantir a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e a conciliación da vida laboral e familiar.

O novo Regulamento de Participación cidadá, a debate en comisión informativa

COMISIÓN INFORMATIVA

O novo Regulamento de Participación cidadá, a debate en comisión informativa

Venres 15 de xullo do 2005

A comisión informativa de Acción social, Participación e Persoal reunirase o mércores 20 de xullo para tratar, entre outras cuestións, o novo Regulamento de Participación cidadá. Nesta sesión vanse debater as emendas que foron presentadas polo grupo municipal do Partido Popular. Ese mesmo día celebrarase tamén a comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento, na que se tratarán diversas modificacións puntuais do PXOM, ademais da concesión da construción e explotación dun aparcadoiro subterráneo no ámbito da praza do Concello.

A fusión de soul e jazz de Charmaine Neville chega a Carballo

VERÁN CULTURAL

A fusión de soul e jazz de Charmaine Neville chega a Carballo

Venres 15 de xullo do 2005

A banda de Charmaine Neville chega a Carballo o domingo 17 de xullo para presentar os seus últimos traballos nos que fusiona blues, jazz, soul, rock e música étnica. O concerto é na praza do Concello a partir das 22.30 horas. A oferta lúdica destes días complétase coa actuación do grupo carballés Fol de veneno e co espectáculo de maxia Benjamín e Loli, o venres 15 de xullo.

O Concello insta á Xunta a garantir o servizo de autobuses que realizaba Arriva

TRANSPORTE PÚBLICO

O Concello insta á Xunta a garantir o servizo de autobuses que realizaba Arriva

Xoves 14 de xullo do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, comprometeuse con representantes da CIG a lle solicitar por escrito á Dirección xeral de Transportes que garanta a continuidade do servizo público que realizaban os autobuses da empresa Arriva na comarca, antes de ser comprada por tres empresas diferentes.

Compartir: