Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello colabora cun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade

REINSERCIÓN SOCIAL

O Concello colabora cun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade

Mércores 12 de novembro do 2008

O Concello de Carballo acaba de ratificar en Xunta de Goberno Local a súa adhesión a un convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias e os concellos que o desexen, para participar nun programa de cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade. Carballo ofrece un total de catro prazas distribuídas a partes iguais na Brigada de Obras e no servizo de Protección Civil. O obxectivo da iniciativa é facilitar a reinserción dos presos para que poidan desenvolver accións sociais en lugar de cumprir penas privativas de liberdade.

Adxudicadas obras de reposición de camiños nas parroquias por un importe de 114.800 euros

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas obras de reposición de camiños nas parroquias por un importe de 114.800 euros

Martes 11 de novembro do 2008

A Xunta de Goberno Local do luns 10 de novembro aprobou en sesión ordinaria a adxudicación provisional de obras por un importe de 114.800 euros. Trátase de dúas actuacións para efectuar reposicións de camiños en diferentes parroquias e núcleos municipais como Artes, Ardaña, Entrecruces, Sísamo e A Brea, por unha banda, e Rus, Cances e Goiáns, por outra. O prazo de execución para a realización dos traballos é de dous meses en ámbolos dous casos. A empresa que acadou a adxudicación provisional é Alejandro Martínez e Hijos SL, tamén para as dúas actuacións.

O Concello colabora co grupo Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas na costa carballesa

MEDIO AMBIENTE

O Concello colabora co grupo Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas na costa carballesa

Martes 11 de novembro do 2008

O Concello de Carballo colabora co Grupo Naturista Hábitat nunha campaña de erradicación de prantas invasoras -coñecidas como Carpobrotus ou unlla de gato- que poñen en perigo o espazo dunar de Razo-Baldaio. Trala realización o ano pasado dunha xornada de limpeza para acabar con esta especie na zona, a Concellaría de Medio Ambiente que dirixe José Antonio Viña colaborará de novo coa iniciativa coa cesión dun contedor que permitirá recoller os restos de Carpobrotus.

Máis de cen rapaces e rapazas participan nunha Olimpiada de Atletismo para estudantes de ESO

CARBALLO SAUDABLE

Máis de cen rapaces e rapazas participan nunha Olimpiada de Atletismo para estudantes de ESO

Luns 10 de novembro do 2008

O martes 11 e o xoves 13 de novembro un total de 125 alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do centro educativo 'Artai' de Carballo participan nunha Olimpiada de Atletismo para Estudantes incluída nos Encontros Deportivos e Activación de Tempos Mortos en centros de ESO do programa Carballo Saudable. De 15.30 a 17.00 horas os rapaces e rapazas poderán practicar todo tipo de actividades deportivas relacionadas co atletismo.

Carballo dará cobertura de banda ampla sen fíos ao medio rural e instalará un repetidor de sinal de TDT no Val de Rus

NOVAS TECNOLOXÍAS

Carballo dará cobertura de banda ampla sen fíos ao medio rural e instalará un repetidor de sinal de TDT no Val de Rus

Luns 10 de novembro do 2008

O Concello carballés desenvolverá o proxecto para levar cobertura de conexión de Internet por banda ampla ao medio rural despois de constatar a viabilidade do proxecto. O obxectivo da Administración Local é mellorar a conectividade de todo o territorio municipal para garantir a competitividade das empresas do Concello e o acceso de toda a poboación a Internet de banda ampla.

O Concello decreta tres días de loito oficial polo falecemento do soldado veciño de Carballo Juan Andrés Suárez

CONDOLENCIAS

O Concello decreta tres días de loito oficial polo falecemento do soldado veciño de Carballo Juan Andrés Suárez

Luns 10 de novembro do 2008

O Concello de Carballo acordou na Xunta de Goberno Local celebrada o 10 de novembro de 2008 decretar tres días de loito oficial polo falecemento do Brigada do Exército Juan Andrés Suárez García, de 41 anos de idade, veciño de Carballo dende hai cinco anos e empadroado na rúa Oriente da capital municipal. Este soldado prestaba os seus servizos na base española en Herat (Afganistán), na Brigada Ligera Aerotransportable (Brilat) con base en Figueirido (Pontevedra).

O Concello desenvolve a campaña 'Vida sen tabaco' para fomentar hábitos saudables entre os veciños e veciñas do municipio

CARBALLO SAUDABLE

O Concello desenvolve a campaña 'Vida sen tabaco' para fomentar hábitos saudables entre os veciños e veciñas do municipio

Venres 7 de novembro do 2008

O Concello carballés vén de poñer en marcha o desenvolvemento da campaña 'Vida sen tabaco' -dentro do marco do programa 'Carballo Saudable'. O obxectivo desta iniciativa é o de fomentar entre a poboación hábitos saudables relacionados co tabaquismo. Entre as medidas que se van adoptar, destaca a elaboración e distribución de carteis, especialmente entre os locais de hostalería, para indicar o cumprimento da Lei 28/2005 de medidas sanitarias frente ao tabaquismo.

O Orfeón Caixa Galicia 'Terra a Nosa' marca o comezo do 'Novembro con música 08'

OFERTA CULTURAL

O Orfeón Caixa Galicia 'Terra a Nosa' marca o comezo do 'Novembro con música 08'

Venres 7 de novembro do 2008

O 'Novembro con Música 08' principia o venres 7 de novembro cun invitado de excepción, o Orfeón Caixa Galicia 'Terra a Nosa' que presenta no auditorio do Pazo da Cultura o obradoiro 'A Capella', cun repertorio de cancioneiros españois do século XVI que xa ten visitado Nova Iorque e Washington. A agrupación fará un repaso pola música vogal da idade media enmarcando o comezo dun completo programa de concertos que centrará a actividade cultural en Carballo durante o mes de novembro e a primeira semana de decembro.

O Concello de Carballo convoca a XI edición do Certame fotográfico 'Xosé Manuel Eirís'

PROMOCIÓN DA CREACIÓN ARTÍSTICA

O Concello de Carballo convoca a XI edición do Certame fotográfico 'Xosé Manuel Eirís'

Venres 7 de novembro do 2008

O Concello de Carballo abre o prazo para participar nunha nova convocatoria do Certame Fotográfico 'Xosé Manuel Eirís', que xa vai pola súa edición número XI. Con este Certame o Concello de Carballo quere contribuír á creación artística e a fomentar a divulgación da fotografía. Así mesmo, esta iniciativa pretende perpetuar o recordo do que foi animador cultural de Carballo, Xosé Manuel Eirís, a través dunha das súas afeccións. Como novidade, nesta edición incorpórase a posibilidade de entregar as obras en branco e negro ou cor.

O proceso de revisión do catastro urbano do Concello carballés entra na súa fase final

PATRIMONIO

O proceso de revisión do catastro urbano do Concello carballés entra na súa fase final

Xoves 6 de novembro do 2008

O proceso de revisión catastral que principiou no Concello de Carballo en outubro de 2003 acaba de entrar na súa última fase de desenvolvemento. Neste momento, a Dirección General del Catastro do Ministerio de Hacienda ten fixados os novos valores catastrais de todas as propiedades -solares e construcións- que, despois da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 2003, atópanse dentro do chan urbano (urbano consolidado, urbano non consolidado e urbanizable delimitado) e dos núcleos rurais do municipio.

Os mozos e mozas do instituto Alfredo Brañas coñecen as claves do programa 'Xuventude en acción'

Os mozos e mozas do instituto Alfredo Brañas coñecen as claves do programa 'Xuventude en acción'

Xoves 6 de novembro do 2008

O autobús-escola fletado pola Dirección Xeral de Xuventude para informar á mocidade sobre o proxecto 'Xuventude en acción' chegou o xoves 6 de novembro ata o IES Alfredo Brañas de Carballo onde contou con moita aceptación entre os mozos e mozas. Con motivo da Semana Europea da Xuventude, que ten lugar entre os días 2 e 9 de novembro, este autobús visita 11 vilas e cidades de Galicia para animar aos xóvenes entre 13 e 30 anos a poñer en marcha actividades e proxectos que beneficien á súa comunidade local ou que lles permita realizar intercambios con outros mozos e mozas da Unión Europea.

O Concello traballa na mellora da xestión dos servizos deportivos do municipio

ANÁLISE DAFO

O Concello traballa na mellora da xestión dos servizos deportivos do municipio

Mércores 5 de novembro do 2008

O Concello de Carballo acaba de principiar un proceso para mellorar a xestión dos servizos deportivos municipais coa elaboración dunha análise, realizada pola empresa AFP Grupo Consultores del Deporte SL, que sente as bases para a futura xestión e planificación. O obxectivo desta iniciativa, presentada polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, é, en verbas deste último, "acadar uns servizos modernos, de maior calidade, que atendan a todos os veciños e veciñas, que teñan en conta aos axentes deportivos de Carballo e que aproveiten as fortalezas do modelo actual".

Compartir: