Inicio Carballo ao día Novas Infórmate aquí sobre o bacharelato...

AVISO DE INTERESE PARA O ALUMNADO QUE EMPEZA O BACHARELATO

Infórmate aquí sobre o bacharelato de artes na vía de música e artes escénicas

Venres 2 de xuño do 2023 Educación Conservatorio

Segundo o Decreto 157/2022 do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na comunidade autónoma de Galicia, o alumnado do noso centro pode optar a obtención do título de bacharelato na modalidade de artes, na vía de música e artes escénicas, cursando no instituto unicamente as materias comúns a todos os bacharelatos e rematando no CMUS o grao profesional de música. De elixir esta opción, deberá comunicalo no instituto no momento de realizar a matrícula. 

Así mesmo poderá solicitar cursar o bacharelato en tres anos académicos en réxime ordinario. Neste caso, nos dous primeiros anos de bacharelato cursaría no instituto as materias comúns correspondentes a eses dous anos, e logo ten dúas opcións:
1ª) Se nos dous primeiros anos rematei o grao profesional de música, xa podo solicitar o meu título de bacharelato en artes (música e AAEE). É importante ter en conta que no caso de abandoar os estudios do conservatorio non obtería o título de bacharelato.
2ª) Se por algún motivo abandono ou non dou rematado o grao profesional de música, no terceiro ano podo cursar no instituto as materias de opción doutro bacharelato e obter a titulación por esa modalidade. 

No caso de optar por esta modalidade de bacharelato, a dirección do instituto Alfredo Brañas de Carballo ten a amabilidade de considerar, dentro das súas posibilidades, o xeito de optimizar os horarios do noso alumnado para que o seu tempo libre sexa un tempo de calidade de cara ao seu aproveitamento nos estudios no CMUS profesional de música de Carballo.

 Para calquera aclaración, poden poñerse en contacto con algún membro da directiva do CMUS de Carballo.

Compartir: