Inicio Carballo ao día Avisos Corte de tráfico no Ferrradal...

Corte de tráfico no Ferrradal (Bértoa) debido ás obras de mellora da rede eléctrica

Mércores 25 de xaneiro do 2023

Unión Fenosa Distribución (UDF), distribuidora eléctrica de Naturgy, continúa coas obras de mellora das infraestruturas en Carballo. Con motivo das obras que se levarán a cabo a partires desta semana está previsto cortar o tráfico na zona do Ferradal (Bértoa), na que só se permitirá o acceso das persoas residentes. Os desvíos deberán estar debidamente sinalizados. 

A empresa ten en execución a construción dunha nova liña de alta tensión de 3,7 quilómetros de lonxitude para unir as subestacións eléctricas de Quintáns e o polígono industrial de Bértoa.

Compartir: