Inicio Carballo ao día Avisos Xa está aquí unha nova...

Xa está aquí unha nova edición do "Outono en marcha" da asociación ambiental Senda Nova

Venres 30 de setembro do 2022

Volve o Outono en marcha co obxectivo de seguir mantendo o compromiso de percorrer e de dinamizar, polo menos unha vez por ano, cada unha das rutas deseñadas pola asociación ambiental Senda Nova, de xeito que o programa que arrinca agora compleméntase co que se desenvolverá na primavera. Na presentación das rutas, que tivo lugar no Espazo da natureza de Oza, participou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, cuxo departamento colabora un ano máis nesta iniciativa.

RUTAS E DATAS

SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)
Unha sorpresa en cada recuncho de Montemaior

  • 9  novembro
  • Distancia aproximada: 16 km
  • Dificultade media
  • Saídas: Concello da Laracha, 8:30h - Carballo Rúa Venezuela, 8:15h - Concello de Coristanco 8:00h.
RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo)
Xeoloxía de Carballo aberta ao océano
  • 16 outubro
  • Distancia aproximada:14km
  • Dificultade  media-baixa
  • Saídas: Concello da Laracha, 8:00h - Carballo Rúa Venezuela, 8:15h - Concello de Coristanco 8:00h
VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo)
Fermosas corredoiras para unir Xallas e Bergantiños  
  • 23 outubro
  • Distancia aproximada:19km
  • Dificultade  baixa
  • Saídas: Concello da Laracha, 8:00h - Carballo Rúa Venezuela, 8:15h - Concello de Coristanco, 8:30h
TERRAS DO MARQUÉS (Carballo)
Pazos en terra farturenta
  • 30 outubro
  • Distancia aproximada:14 km
  • Dificultade media-baixa
  • Saídas: Concello da Laracha, 8:00 - Carballo Rúa Venezuela, 8:15h - Concello de Coristanco, 8:00h
PEGADAS DO WOLFRAMIO (Carballo-Malpica de Bergantiños)
A febre do wolframio dende o corazón das meigas 
  • 13 novembro
  • Distancia aproximada: 17km
  • Dificultade media
  • Saídas: Concello da Laracha, 8:00h - Carballo Rúa Venezuela, 8:15h - Concello de Coristanco  8:00h.
RUTA DAS FÉRVEDAS (Carballo)
A paisaxe rachada contra as rochas
  • 20 novembro
  • Distancia aproximada:15 km
  • Dificultade media
  • Saídas: Concello da Laracha, 8:00h - Carballo Rúa Venezuela, 8:15h - Concello de Coristanco, 8:00h

Inscricións

Base de Protección Civil de Carballo. Edif. Ambulatorio vello, 2º andar
De luns a venres, de 9:30 a 13:30h.
Inscricións ata dous días antes de cada ruta.
Prezo: 8€/6€ (non socios, maiores e menores de idade), e 6€/4€ (socios, maiores e menores de idade)

Ligazóns

Compartir: