Inicio Carballo ao día Avisos A Xunta de Galicia somete a información...

A Xunta de Galicia somete a información pública o proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Monteagudo

Martes 19 de xullo do 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou con data 19 de xullo de 2022 o anuncio relativo ao acordo da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial da infraestrutura de evacuaciónd o parque eólico Monteagudo nos concellos de Carballo, A Laracha e Arteixo.

O prazo de alegacións está aberto dende o 20 de xullo ata o 1 de setembro. Toda a información, na ligazón inferior.

Ligazóns

Compartir: