Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo conta cun novo equipo de 8...

O Concello de Carballo conta cun novo equipo de 8 traballadoras e 2 traballadores da Risga que se centrarán en obras públicas e limpezas

Venres 1 de xullo do 2022

A primeira toma de contacto co persoal da Risga tivo lugar no Fórum

A primeira toma de contacto co persoal da Risga tivo lugar no Fórum

Despois de pasar os recoñecementos médicos, realizar o curso de prevención de riscos laborais, tomar as medidas para os uniformes e recibir unha formación básica, as 10 persoas que integran a brigada de traballadores/as perceptores/as de Risga empezarán a traballar o luns nas tarefas que teñen encomendadas para os nove meses de duración dos contratos.

Este ano contamos con dez persoas, das cales oito son mulleres, divididas en dous equipos: un de obras públicas e outro de limpeza e mantemento. Hoxe mantiveron unha primeira toma de contacto no Fórum Carballo co encargado do servizo, que é o xefe da Brigada Municipal de Obras, Manuel Mariño, e con representantes do goberno municipal.

O concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade, animounas a aproveitar a oportunidade para prepararse para unha posible inserción laboral. Nese sentido, de feito, o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, destacou que o bo traballo realizado polos integrantes da anterior brigada da Risga podería abrirlles en breve as portas dalgunha empresa. O alcalde, Evencio Ferrero, felicitounas pola selección e pediulles “responsabilidade e a maior profesionalidade posible”.

Compartir: