Inicio Carballo ao día Novas En marcha as obras de pavimentación de...

En marcha as obras de pavimentación de case 30 quilómetros de vías en nove parroquias

Sábado 21 de maio do 2022

Obras na pista de Guntián ás Bouzas, este venres

Obras na pista de Guntián ás Bouzas, este venres

Aproveitando o bo tempo, esta semana retomáronse as obras de pavimentación que temos contratadas coa empresa Vázquez y Reino e que nos permitirán mellorar case 30 quilómetros de vías en nove parroquias.

As actuacións son as seguintes: Vivente (Ardaña), Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), Rúa Neptuno (Razo), A Barreira-Cernide (Carballo), O Sisto (Carballo), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Porto Lago (Bértoa), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus), Cadavoso (Artes) e Guntián-As Bouzas (Sofán), á que corresponde a fotografía realizada onte.

En total, 29.610 metros de pistas e rúas en núcleos rurais de Ardaña, Sofán, Razo, Carballo, Bértoa, Lema, Rus, Artes e Berdillo que se atopaban en malas condicións. As obras consisten na limpeza de gabias e no asfaltado con rego simple, dobre ou triplo, segundo o uso das vías. O investimento acada os 463.791 euros.

Compartir: