Inicio Carballo ao día Novas Procedemento para a matrícula nas probas...

DO 18 AO 23 DE MAIO

Procedemento para a matrícula nas probas de acceso ao primeiro curso de grao elemental ou profesional

Mércores 18 de maio do 2022 Educación Conservatorio

O alumnado interesado en realizar a matrícula nas probas de acceso de 1º de grao elemental ou 1º de grao profesional deben poñerse en contacto coa Concellaría de Cultura, nas súas oficinas do Pazo da Cultura, no enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal ou telefónicamente no teléfono 931704300 (2 servizos administrativos) solicitando o envio do impreso de matrícula e pago de taxas.

Despois de cumprimentar o dito impreso (que se envía en formato pdf) poderá realízar o pago de taxas nas oficinas bancarias ou mediante a pasarela de pagos de Abanca, á que se pode acceder dende www.carballo.gal, no apartado Centro de Atención Cidadá, outrsos servizos, Pago de tributos municipais online, https://epasarela.abanca.com/wpgs012/wpgs012m_pagorecibosdefault.aspx?emisora=150198&idioma=G.

É imprescindible que, unha vez pagadas as taxas, o rexistro do impreso de matrícula e o xustificante bancario do dito pago. Poden facelo de forma non presencial mediante a Sede Electrónica ou Rexistro Electrónico (www.carbarballo.gal apartado Centro de Atención Cidadá) ou presencialmente en calquera dos Rexistros do Concello previa cita (981704300 / 981704100).

Compartir: