Inicio Carballo ao día Avisos Inicio de expediente de aprobación de...

Inicio de expediente de aprobación de disposición de carácter xeral regulamentaria: Ordenanza Fiscal número 11, reguladora das taxas do Mercado Municipal de Abastos. Modificación

Venres 8 de abril do 2022

Visto o texto do proxecto de modificación da Ordenanza Fiscal número 11, reguladora das taxas pola concesión de postos e pola prestación de servizos no Mercado Municipal de Abastos, procede acordar o inicio do expediente de aprobación da Ordenanza e da exposición previa da mesma.

En virtude do sinalado no artigo 133.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das AA.PP., con carácter previo á aprobación do regulamento, deberase publicar o texto da normativa proposta no portal web do Concello, a efectos de dar audiencia aos cidadáns afectados e recabar cantas aportacións adicionais poidan se realizar.

Por tal motivo, polo medio da presente providencia, ordéase a inserción do Texto do anteproxecto na web municipal, e a súa exposición pública aos efectos do previsto no art. 133 da Lei 39/2015, por un prazo de DEZ DÍAS NATURAIS, durante os cales os interesados poderán examinar o borrador do anteproxecto, e remitir cantas aportacións ou suxerencias estimen oportunas. As
mesmas deberán ser remitidas por medio de correo electrónica ao enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal.

Rematado o prazo de exposición pública, as aportacións e suxerencias recibidas incorporaránse ao expediente para continuar a súa tramitación conforme ás previsións contidas nos artigos 15 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Descargas

Compartir: