Inicio Carballo ao día Novas Suspensión das clases presenciais dende o...

AVISO ÁS FAMILIAS

Suspensión das clases presenciais dende o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro por mor da situación sanitaria

A formación realizarase de xeito telemático

Mércores 27 de xaneiro do 2021 Educación Conservatorio

Desde a Consellería de Educación infórmasenos de que, dada a situación sanitaria e para evitar contaxios da COVID-19 provocados polo movemento do alumnado entre centros educativos e distintos concellos, decidiuse tomar a medida de impartir todas as clases de xeito telemático dende o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro.

O profesorado responsable de cada materia porase en contacto con cada familia para informarvos da plataforma e do método de traballo a empregar. Intentarase, na medida do posible, manter os horarios das clases presenciais.

Para calquera dúbida ao respecto, o equipo directivo e o profesorado do CMUS Profesional de Carballo estamos á vosa disposición.

Compartir: