Inicio Carballo ao día Novas A incidencia da COVID-19 no noso concello chega...

69 POSITIVOS NA RESIDENCIA DOMUSVI

A incidencia da COVID-19 no noso concello chega ao nivel máis alto da pandemia e sitúase xa por riba dos 200 casos activos

Evencio Ferrero participou hoxe, xunto con máis de vinte alcaldes e alcaldesas da área sanitaria A Coruña-Cee, nunha xuntanza telemática coa Consellería de Sanidade

Mércores 20 de xaneiro do 2021

Evencio Ferrero, durante a xuntanza telemática de hoxe

Evencio Ferrero, durante a xuntanza telemática de hoxe

En Galicia, segundo recolle a prensa do día, xa se rexistra un contaxio de COVID-19 cada minuto. Hai un mes no noso concello había menos de 20 casos activos; hoxe son 232, a cifra máis alta de toda a pandemia. Pero hai máis datos que evidencian o avance da enfermidade, como o feito de que dende a semana pasada se multiplicase por dous o número de alcaldes e alcaldesas participantes na reunión entre os concellos da área sanitaria A Coruña-Cee e a Consellería de Sanidade.

Segundo a información ofrecida polas autoridades sanitarias na xuntanza, a incidencia da COVID-19 no noso concello é de 514 casos por cada 100.000 habitantes. No cálculo non se inclúen os casos da residencia de maiores DomusVi, na que hai 69 positivos: 57 residentes (4 deles/as hospitalizados) e 12 traballadores/as.

Ademais de expresar a preocupación pola expansión do coronavirus, na xuntanza telemática de hoxe volveu a realizarse unha chamada á necesidade de respectar as medidas de prevención e de limitar os movementos e os contactos sociais o máximo posible. Esta noite entran en vigor as últimas restricións establecidas pola Xunta de Galicia, que, ademais de aumentar a listaxe de concellos con peche perimetral, equipara o deporte federado ao afeccionado, agás no que respecta ás competicións estatais.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte pola noite o decreto e a orde polos que se adoptan novas medidas para facer fronte á crise sanitaria en Galicia, que podedes consultar máis abaixo.

Ligazóns

Compartir: