Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo tramitou o ano pasado 10...

XESTUR ADXUDICA DÚAS NOVAS PARCELAS

O Concello de Carballo tramitou o ano pasado 10 solicitudes de licenzas para naves no parque empresarial de Bértoa

Malia a crise sanitaria, tanto a venda de solo coma a construción de naves industriais continúa en niveis moi altos

Venres 8 de xaneiro do 2021

Imaxe actual do polígono de Bértoa

Imaxe actual do polígono de Bértoa

A primeira adxudicación de solo industrial realizada por Xestur neste 2021 volve a situar o polígono industrial de Bértoa á cabeza de Galicia, con dúas das cinco adxudicacións realizadas. As dúas parcelas, cun total de 3.216 metros cadrados, tiveron unha bonificación de máis de 125.000 euros.

Tras estas novas adxudicacións só quedan dispoñibles no parque empresarial carballés 18 parcelas, na súa maior parte de dimensións reducidas, o que dificulta a implantación de grandes proxectos industriais. Só hai dúas de gran tamaño que están libres, pero ao estar destinadas ao uso terciario tampouco permiten o desenvolvemento de iniciativas industriais. Neste sentido, dende o Concello de Carballo, ao tempo que se continúa a demandar a ampliación do polígono, estase a xestionar o cambio de uso desas dúas parcelas.

Malia a crise sanitaria, o polígono de Bértoa mantén en niveis moi altos tanto a venda de solo coma a construción de naves. Ao longo do ano 2020 foron tramitadas 10 licenzas de edificación, dúas delas no último trimestre, segundo o balance anual da Oficina Técnica Municipal. Nos últimos 10 anos tramitáronse 112 licenzas para a construción de naves industrias.

No círculo, as últimas parcelas adxudicadas

No círculo, as últimas parcelas adxudicadas

Compartir: