Inicio Carballo ao día Novas En marcha obras por 2,5 millóns de euros...

En marcha obras por 2,5 millóns de euros para seguir estendendo os servizos de saneamento e abastecemento

A Xunta de Goberno Local adxudicou esta semana o proxecto de saneamento dos lugares de Betrís e Ribeira, na parroquia de Rus

Venres 7 de agosto do 2020

O alcalde visitou as obras de saneamento de Entrecruces

O alcalde visitou as obras de saneamento de Entrecruces

Tras o último investimento de 257.125 euros nas obras de saneamento e abastecemento aos lugares de Figueroa e Outeiro, na parroquia de Sísamo, no Concello de Carballo temos en marcha outros proxectos do ciclo integral da auga que nos permitirán seguir estendendo pola zona rural dous servizos prioritarios nos plans de actuación do goberno municipal. Nestes momentos están en execución ou contratación obras por valor de 2.543.828,26 euros.

EN EXECUCIÓN

Abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo

  • Prezo de adxudicación: 1.226.456 euros
  • Empresa: Vázquez y Reino
O abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo é a obra de maior contía acometida na historia do Concello de Carballo sen axuda de ningunha outra administracións.  A rede, que está practicamente lista, chega a Razo da Costa, Santa Mariña e Arnados, na parroquia de Razo, e a Vilar do Carballo, As Encrucilladas, Oza Vella, As Torres e o Rodo, na de Oza.

Saneamento de Taboada e A Granxa (Entrecruces)

  • Prezo de adxudicación: 231.080,81 euros
  • Empresa: Excavaciones y Obras Candal       
O proxecto, que tamén está moi avanzado, inclúe a instalación de 846 metros de canalización e 26 pozos de rexistro en Taboada, mentres que na Granxa colocaranse 822 metros de rede, 35 pozos e un bombeo. En ámbolos dous casos faranse as reposicións correspondentes nas vías afectadas.

En Razo hai obras de abastecemento e de saneamento

En Razo hai obras de abastecemento e de saneamento

Saneamentos en Lema, Oza e Razo

  • Prezo de adxudicación: 188.881 euros
  • Empresa: Vázquez y Reino
Arrincaron xa os traballos para estender o servizo de saneamento aos lugares de O Pinar e Pedra do Sal (Lema), xa rematado; Vilar do Carballo (Oza) e Razo da Costa e Santa Mariña (Razo), onde se está a traballar nestes momentos.

ADXUDICADAS

Saneamento A Piña-Evas (Sofán)

  • Prezo de adxudicación: 170.731 euros
  • Empresa: Vázquez y Reino
A obra, que arrincará en breve, inclúe a instalación de case tres quilómetros de rede entre os lugares de A Piña e Evas, na parroquia de Sofán.

Saneamentos en Betrís e Ribeira (Rus)

  • Prezo de adxudicación: 81.191 euros
  • Empresa: Vázquez y Reino
O proxecto de saneamento dos lugares de Betrís e Ribeira foi adxudicado na Xunta de Goberno Local desta semana. No lugar de Betrís instalarase unha rede de 463 metros e construiranse 15 pozos de rexistro. Na Ribeira serán 132 metros de tubaxes e 4 pozos, e ademais será preciso colocar un bombeo.

Saneamento dos lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar (Artes)

  • Prezo de adxudicación: 199.884,67 euros
  • Empresa: Vázquez y Reino
O proxecto desenvolverase en tres treitos _de Altiboa a Vilar de Francos, de Vilar de Francos a Vilarvello e O Alto-Vilanova-Baltar_ o que suporá o despregue de máis de 2.500 metros de rede para levar o servizo a 25 vivendas.

EN CONTRATACIÓN

Ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta

  • Orzamento: 125.400,09 euros
O 27 de xullo rematou o prazo para que as empresas presentasen as súas ofertas para a obra de ampliación das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta, unha actuación que permitirá dar servizo ás vivendas situadas na estrada Carballo-Razo e renovar un treito que está moi deteriorado. En total instalaranse 525 metros de rede e 14 pozos de rexistro, así coma un bombeo. As obras tamén inclúen a rede de abastecemento de auga, en dous ramais de 443 e 14 metros de lonxitude ao longo da estrada provincial, e tamén unha boca de rego.

Abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa (Rus)

  • Orzamento: 323.203,69 euros
As actuacións propostas benefician a unha poboación de 474 habitantes no horizonte do ano 2030, xa que o proxecto permitirá abastecer de auga potable a través dunha rede pública os lugares da Igrexa, Quintáns, Barís, O Val, O Pedreiro e Canosa. En total instalaranse 8.635 metros de tubaxes.

Compartir: